DO GRAN IRMÁN

Publicado: 15 de junio de 2020, 10:30
  1. OCHOA
DO GRAN IRMÁN

A protección de datos de carácter persoal é un novo dereito fundamental da persoa, de última xeración, de xeito que os datos persoais hai que tratalos leal e licitamente, para finalidades concretas, co consentimento do titular ou sobre outra base de lexitimación do tratamento. Estes novos dereitos son esixibles fronte a todos: Administracións Públicas, empresas e particulares.  Xa se ten denominado como dereito á "autodeterminación informativa", ou "autodeterminación informática"

O artigo 18.4 da Constitución di que "a lei limitará o uso da informática para garantir o honor e a intimidade persoal e familiar dos cidadáns e o pleno exercicio dos seus dereitos".

O 290/2000 Tribunal Constitucional, na súa sentencia 290/2000 recoñeceu como dereito fundamental  autónomo o da protección de datos persoais; No Fundamento Xurídico Sexto, distinguiu entre odereito á intimidade e á protección de datos persoais indicando que "A función do dereito fundamental á intimidade do art. 18.1 C.E.é a de protexer fronte calquera invasión que poida realizarse naquel ámbito da vida persoal e familiar que a persona desexa excluír do coñecemento alleo e das intromisións de terceiros contra a súa vontade. En cambio, o dereito fundamental á protección de datos persigue garantir a esa persoa un poder de control sobre os seus datos persoais, sobre o seu uso e destino, co propósito de impedir  o seu tráfico ilícito e lesivo para a dignidade e dereito do afectado."

E no seu Fundamento Xurídico Sétimo indica que "o contido do dereito fundamental á protección de datos consiste nun poder de disposición e de control sobre os datos persoais que faculta á persoa para decidir cales deses datos proporcionar a un terceiro, sexa o Estado ou un particular, ou cales pode este terceiro dispor e que tamén permite ao individuo saber quen posúe eses datos persoais e para que,  podendo oporse a esa posesión ou uso."

Ou sexa:

                               É  un dereito fundamental de toda persoa o tratamento leal e lícito dos seus datos, para finalidades concretas e con seu consentimento previo.

Se quere ver o artigo completo, prema na seguinte ligazón:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2020/06/14/do-gran-irman/0003_202006A14C8992.htm

 

 

                               Os dereitos en materia de protección de datos perfílanse como dereitos horizontais, é dicir, que se pretenden exercer fronte a todos.

                               O PrivacyShield ou Escudo de Privacidade entre UE e EEUU protexe os dereitos fundamentais de calquera persoa da UE nos datos persoais que se transfiran a EEUU.

Noticias relacionadas

Da quimera da Xustiza en galego 18 nov

Da quimera da Xustiza en galego

18/11/2024 OCHOA
De case corenta mil do 2023, só se pronunciaron en galego o 3,88 %. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte ligazón: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/o-grove/2024/11/17/da-quimera-da-xustiza-galego/0003_202411A17C4991.htm FOTO: MÓNICA IRAGO
Dalgúns ovos de serpe do galego. 11 nov

Dalgúns ovos de serpe do galego.

11/11/2024 OCHOA
Darse conta de que unha lápida en castelán non pinta nada para lembrar a quen falou galego é un comezo para detectalos. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte
O galego como lingua de poder 4 nov

O galego como lingua de poder

04/11/2024 OCHOA
Durante séculos, a nosa lingua sobreviviu no rural, desaparecida da escrita e dos poderosos. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte ligazón: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2024/11/03/galego-lingua-poder/0003_202411A3C5991.htm FOTO: Mónica Irago  
Da Semana do Desarme e da risa frouxa 21 oct

Da Semana do Desarme e da risa frouxa

21/10/2024 OCHOA
Agora mesmo estráganse en armas por cada ser humano douscentos noventa euros. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte ligazón:  https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2024/10/20/da-semana-do-desarme-da-risa-frouxa/0003_202410A20C4991.htm