No dereito civil o adaxio “Pacta sunt servanda” é propiamente un principio xeral do dereito , aínda que positivizado no artigo 1091 do Código civil, cando establece que as obrigas que nacen dos contratos teñen forza de lei entre as partes contratantes e deben cumprírense ao teor dos mesmos. Fronte a ese principio sempre tentou abrirse camiño outra regra, antiquísima, que, propiamente, é un complemento da obligatoriedade dos contratos: que sí, que hai que cumplir, pero que sempre que se manteña a reciprocidade e non aparezan eventos absolutamente imprevisibles á hora de asinar o contrato inicial.
A xurisprudencia delimita a aplicación da cláusula rebus sic stantibus, por exemplo na sentencia do TS, 1ª de 18 de xullo de 2019, 455/2019 así “…según a doutrina xurisprudencial da rebus sic stantibus, a alteración das circunstancias que pode provocar a modificación ou, en último termo, a resolución dun contrato, terá que ser de tal magnitude que incremente de modo significativo o risco de frustración da finalidade do contrato. E por suposto, és preciso que tales circunstancias sobrevidas foran totalmente imprevisibles para os contratantes ( sentencia do Pleno 820/2012, de 17 de xaneiro de 2013). É condición necesaria para a aplicación da regra "rebus" a imprevisibilidade do cambio de circunstancias. Se as partes asumiron expresa ou implícitamente o risco de que unha circunstancia acontecera ou deberan asumilo porque, en virtude das circunstancias e/ou natureza do contrato, tal risco era razoablemente previsible, non é posible apreciar a alteración sobrevida que, por definición, implica a non asunción do risco (recentemente sentencia 5/2019, de 9 de xaneiro ). Non pode falarse de alteración imprevisible cando a mesma está comprendida dentro dos riscos normais do contrato ( sentencias 333/2014, de 30 de xuño, 64/2015, de 24 de febreiro, e 477/2017, de 20 de xullo , entre otras)". O cambio destas características que establece a xurisprudencia, podería xerar un suposto de aplicación da regra da rebus sic stantibus é mías probable que se dea nun contrato de larga duración, ordinariamente de tracto sucesivo. Pero non nun suposto de contrato de corta duración, no que difícilmente pode acaecer algo extraordinario que afecte á base do contrato e non quede amparado dentro do risco propio dese contrato”.
se desexa ver o artigo completo, prema na seguinte ligazón:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2020/05/31/span-langgldo-cambio-circunstanciasspan/0003_202005A31C6996.htm