DA DETENCIÓN ILEGAL

Publicado: 25 de mayo de 2020, 09:56
  1. OCHOA
DA DETENCIÓN ILEGAL

O Conseil Constitunniel de Francia, máximo órgano xurídico galo, validou a lei que prorroga o estado de emerxencia sanitaria en Francia ata o vindeiro 10 de xullo, modificando parcialmente apartados vinculados ao illamento dos enfermos e ao rastreo dos seus contactos. O seu ditame sobre a adecuación á Constitución foi solicitado polo presidente francés, Emmanuel Macron; o do Senado, Gérard Larcher, e outros parlamentarios. O Consello Constitucional subliñou que o illamento completo dos casos sospeitosos e dos enfermos de coronavirus, que prohibe calquera saída ou obriga a estar no domicilio máis de 12 horas ao día, é unha medida privativa de liberdade

Destacou que só debe aplicarse a quen entre no territorio nacional tras ter estado no mes anterior nunha zona na que circulara o virus, ou a quen vaia a Córcega e aos  departamentos de ultramar desde a Francia metropolitana.

O illamento debe decretarse tras un certificado médico e ser  prolongado máis alá dos 14 días iniciais si así o deciden tamén os médicos e o autoriza un xuíz.

En canto ao tratamento dos datos dos enfermos de COVID-19 e de quen estivese en contacto con eles, di que esa información debe limitarse á súa situación serolóxica ou virolóxica.

O Consello Constitucional engadiu que os datos de identificación dunha persoa infectada non se poderán dar ás persoas coas que estivese en contacto sen a súa autorización e ese dispositivo de recollida de información debe limitarse ao tempo estritamente necesario para loitar contra a pandemia.

Se desexa ver o artigo completo, prema na seguinte ligazón:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2020/05/24/da-detencion-ilegal/0003_202005A24C6991.htm

 

Noticias relacionadas

Dos esquecidos Pero de Ardia e Xohan Fernandes Dardeleiro 14 abr

Dos esquecidos Pero de Ardia e Xohan Fernandes Dardeleiro

14/04/2025 OCHOA
Quizá estivese ben non xa estudar estas dúas figuras, senón buscar que fosen lembradas e coñecidas. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte
De Maruja Meis, unha gran muller 7 abr

De Maruja Meis, unha gran muller

07/04/2025 OCHOA
Foi, sen dúbida, unha desas persoas que marcan vidas co seu exemplo e, en realidade, por iso, nunca desaparecerá. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte
De como a roupa cara contamina menos 2 abr

De como a roupa cara contamina menos

02/04/2025 OCHOA
O consumo actual de vestimenta sintética é unha auténtica loucura que produce ao ano uns noventa e dous millóns de toneladas de residuos: un camión destes típicos de recollida de lixo cada segundo. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte
Dunha necesaria homenaxe para aprender 24 mar

Dunha necesaria homenaxe para aprender

24/03/2025 OCHOA
A costa sur de San Vicente perdeu o seu valor por estar completamente urbanizada. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte ligazón: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2025/03/23/span-langgldunha-necesaria-homenaxe-aprenderspan/0003_202503A23C4993.htm FOTO: VÍTOR MEJUTO