A SERVENTÍA

Publicado: 20 de febrero de 2024, 12:27
  1. OCHOA
A SERVENTÍA

       En moitas ocasións confúndense dúas institucións con incidencia no exercicio do dereito de propiedade porque servidumes e serventías son institucións adxectivas do dereito que regula o artigo 33 da Constitución Española, aínda que esta afirmación só é exacta na cualificación como adxectiva. Porque a diferencia fundamental entre servidume e serventía é que a primeira é un gravame sobre unha propiedade a favor doutras, e a segunda é unha propiedade en si cunha función adxectiva.

             En efecto a serventía é un paso ou camiño privado común a xeito de propiedade xermánica, sen cotas que dá o dereito de usala, gozala e posuíla aos seus titulares en común e a efectos de paso e servizo dos predios.

             Esa institución presúmese, conforme á Lei de Dereito civil de Galicia 

             1.º)Si as fincas forman ou formaron parte do agro, agra ou vilar, e se prueba o uso continuo.

             2.º)Cando o paso ou camiño foi establecido na partilla da herdanza ou división de cousa común como servizo para todas ou algunha das fincas resultantes.

             3.º)Se o camiño aparece referido como testeiro nos títulos das fincas que se sirven por el.

             4.º)Cando o paso ou camiño é usado poos estremeiros para acceder ás súas fincas situadas sen outra saída a camiño público.

             Trátase dunha propiedade indivisible, todos os titulares terán que contribuír a partes iguais cos gastos de conservación, e calquera alteración esixirá unanimidade, non sendo cando produza un prexuízo importante para un dos predios, caso este no que se pode propoñer un trazado diferente sempre que non exista prexuízo grave para os demais titulares.

Archivos adjuntos

SENTENCIA Y AUTO RECTIFICACION ERROR MATERIAL.pdf

Descargar

Noticias relacionadas

De que nos asustan con ouveos 23 dic

De que nos asustan con ouveos

23/12/2024 OCHOA
A visión dunha España cristián foi tanta trola como que existise España Unha, Grande e Libre e, aínda hoxe, a cousa está como está. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte ligazón: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2024/12/22/asustan-ouveos/0003_202412A22C6991.htm  
De que a televisión achéganos aos monos 16 dic

De que a televisión achéganos aos monos

16/12/2024 OCHOA
A comunicación e a creación simbólicas diferencian ao ser humano dos demais animais, que actúan polo que ven. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte ligazón: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2024/12/15/span-langgl-television-acheganos-aos-monosspan/0003_202412A15C5992.htm
Do Día Internacional contra a Corrupción 9 dic

Do Día Internacional contra a Corrupción

09/12/2024 OCHOA
A corrupción non só caracteriza ao sistema español, senón a todo o mundo. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte ligazón: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2024/12/08/do-dia-internacional-contra-corrupcion/0003_202412A8C5991.htm  
Da mestura explosiva de partitocracia e Monipodio 2 dic

Da mestura explosiva de partitocracia e Monipodio

02/12/2024 OCHOA
O sistema español volveuse tóxico e nace na elección dos candidatos ás listas electorais mediante mecanismos internos dos propios partidos. Se desexa ver o artigo completo, préma na seguinte